BORRADOR ORDENANZA PUBLICIDADE CONCELLO DE CARIÑO
Departamento: SECRETARÍA
Inicio da tramitación: 29/08/2018
Obxecto: O obxecto da presente Ordenanza é a regulación do lexítimo exercicio da actividade publicitaria visible dende os espazos públicos de xeito que esta se desenvolva dentro do respecto e mellora dos valores da paisaxe urbana, do medio ambiente, do patrimonio histórico-artístico e natural, e en suma, da imaxe do municipio de Cariño.
Estado actual: en prazo de envío de suxestións
Prazo para remitir suxestións: 30/08/2018-14/09/2018
Forma de remitir suxestións: poderán ser formuladas cantas suxestións se estimen convenientes por vía electrónica a través do formulario habilitado nesta mesma páxina ou mediante a súa presentación en calquera dos lugares previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo.